Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros San Saturnino.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Secretaría Xeral de Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Productores Mejilloneros San Saturnino, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: defender os asociados nos seus intereses xerais e específicos.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas que se dediquen ao estudo e resolución dos problemas da produción, transformación e comercio do cultivo en batea.

Asinantes da acta de constitución: José Sineiro Cacabelos, Juan Varela Cacabelos, Manuel Trigo Durán, José Galiñanes López e Ángel Pérez Leiro.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego