Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do mércores 20 de xullo de 2016, é necesario efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 31.517, o artigo 4.6 queda redactado da seguinte forma:
«6. Ámbito temporal de aplicación das subvencións: as axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cadansúa modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan nesta orde para cadansúa modalidade».