Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 1 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican requirimentos de emenda de solicitudes relativas a procedementos tramitados por esta xefatura territorial (expediente 27028005516R e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 59.5, 61 e 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e no uso da competencia atribuída á Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, intentada a notificación no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo –Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración– (rolda da Muralla, 70), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido do requirimento de emenda, advertíndoas de que, de non se facer así, se terán por desistidas da solicitude, logo de resolución.

Lugo, 1 de xullo de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Risga-AIS

Apelidos e nome

DNI/NIE/pasaporte

Expediente

Acto

Concello

Argerey Ríos, María Sol

33344463-Y

27028/0055/16-R

Requirimento

Lugo

Jiménez Jiménez, Remedios

21050171-L

27006/0002/16-E

Requirimento

Lugo