Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal para a redelimitación do núcleo rural común de Rial, concello de Sanxenxo (expediente 2016AAE1890; código 1796/2016).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 11 de xullo de 2016 sobre a modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal para a redelimitación do núcleo rural común de Rial, concello de Sanxenxo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental