Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (20/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 20/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Méndez García contra Cuadrafer, S.L., Sariconstrunor, S.L., con citación do Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza co número 194/2016 do 30 de xuño de 2016 cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Vistos por Mª de los Dolores Vilar Hortas, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos sobre despedimento, rexistrados co número 20/2016, seguidos por instancia de José Antonio Méndez García, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra as mercantís Cuadrafer, S.L. e Sariconstrunor, S.L. que non compareceron malia ter sido citadas en forma, foi, así mesmo, citado o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, dítase a presente sentenza, de acordo cos seguintes:

Desestimar a demanda interposta por José Antonio Méndez García contra as mercantís Sariconstrunor, S.L. e Cuadrafer, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), e absolver as demandadas de cantos pedimentos foron formulados na súa contra.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días seguintes ao da notificación, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante.

Dedúzase testemuño da presente resolución e remítase á Fiscalía por se os feitos poden ser constitutivos de infracción penal.

Así por esta miña sentenza o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a Cuadrafer S.L. e Sariconstrunor S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserir no Diario Oficial de Galicia e fixar no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza