Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1163/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1163/2015, por instancia de Rosa María Ferreiro Álvarez contra a empresa Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., Enrique Amable Castro Abadal e María del Carmen Oliva e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 27 de xuño de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Desestímase a demanda formulada por Rosa María Ferreiro Álvarez fronte a Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., Enrique Amable Castro Abadal e María del Carme Oliva, por falta de acreditación de relación laboral e do despedimento alegado, e absólvese a demandada das pretensións de condena exercidas fronte a ela.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexidado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., a Enrique Amable Castro Abadal e a María del Carmen Oliva, expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xullo de 2016

A secretaria xudicial