Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34396

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de ampliación do prazo de información pública do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) aprobado inicialmente.

O 1 de xullo de 2016, o Pleno do Concello de Carral decidiu ampliar por un mes o prazo de información pública do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), aprobado inicialmente por acordo plenario do 18 de marzo de 2016.

O mes adicional do período de información pública contarase desde a data da derradeira das publicacións deste acordo, que se efectuarán mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.

Carral, 5 de xullo de 2016

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde