Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34451

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 19 de xullo de 2016 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 31 de maio de 2016.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 31 de maio de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 15 de xuño), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 31 de maio de 2016 (DOG núm. 113, do 15 de xuño).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo I da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, na súa nova redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lle fosen concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO

Apelidos e nome: Gil Liñares, María Dolores.

NRP: 3283942535 A210A.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto de traballo: subdirectora xeral de Ordenación do Territorio.

Código do posto de traballo: MA.C04.00.001.15770.001.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral/especial.

Nivel: 30.

Complemento específico: 18.205,56 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración local.

Formación específica: coñecementos de urbanismo (mérito), para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).