Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se procede á apertura do trámite de información pública da proposta do Plan de xestión de residuos industriais 2016-2022 (Priga).

Unha vez elaborado o documento do Plan de xestión de residuos industriais de Galicia 2016-2022 (Piriga) e de conformidade co establecido no artigo 19 da Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, antes de redactar a proposta definitiva do plan, sométese o documento ao trámite de información pública polo prazo de corenta e cinco días desde a publicación deste anuncio no DOG. Neste tempo, os interesados poden efectuar as alegacións que consideren oportunas.

O documento está á disposición dos interesados na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, podendo acceder a unha copia do documento no seguinte enderezo:

http://sirga.xunta.gal/plans-e-programas-sirga?content=/Portal-Web/Contidos/Plan/plan_0021.html

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental