Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia do apercibimento previo á imposición de multas coercitivas do expediente sancionador MON-CO-0073/2013-CAF.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificado por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para comparecer computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado apercibimento previo e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: MON-CO-0073/2013-CAF.

Interesado: Manuel Celestino Basante Grovas.

Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.

Último enderezo coñecido: Vilanova, 2, Brión, A Coruña.