Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34459

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1468/2016).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1468/2016 desta sala, seguido por instancia de José Ramón Muíño Regueira contra Fogasa, Sumtec, S.L., General Panels, S.L., Puertas Blindex, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Admón. concursal Sumtec (Fernández Obanza Carro), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto por José Ramón Muíño Regueira contra a sentenza ditada o 28.11.2015 polo Xulgado do Social número 4 da Coruña en autos nº 652/2015, sobre rescisión de contrato e reclamación de cantidade, contra Sumtec, S.L., Puertas Blindex, S.L., General Panels, S.L., Bianinver Sociedad de Inversiones, S.L., Caamaño y Bianchi Sociedad de Inversiones, S.L., administración concursal de Sumtec, S.L., e o do Fondo de Garantía Salarial, e con anulación parcial da dita resolución, acordamos repoñer os autos ao momento en que se ditou tal resolución para que, con liberdade de criterio e asumindo a competencia propia, se resolva a acción de reclamación de cantidades acumulada e desestimamos no resto o recurso formulado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Puertas Blindex, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza