Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA e substitución do apoio 104 da LMTA TIB 810 en Bretoña, no concello de Barro, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2015/237-4).

A instalación denominada LMTA e substitución do apoio 104 da LMTA TIB 810 en Bretoña, no concello de Barro, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 26 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 5 de outubro de 2016, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Barro.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, nas que se lle comunicará a data e a hora na cal deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignorae o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 13 de xullo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Sub. apoio 104 LMTA TIB 810 en Bretoña-Barro

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 chan

ml aéreo

m2 aéreo

Concello

1

Rapadoiro

Labor

Jesús Falcón Santiago

1

1,21

0,66

62,93

Barro

2

Rapadoiro

Soar

Divina Carballo Somoza

-

-

8,2

97,46

Barro

3

Rapadoiro

Labor

Silvino Abal Eirín

-

-

9,06

103,83

Barro