Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2016 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato da subministración e instalación de equipamentos e programas informáticos necesarios para a actualización dun simulador de sala de máquinas no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Pontevedra (expediente 15/2016).

Mediante a Resolución do 12 de xullo de 2016, a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, actuando en nome e representación da Consellería do Mar, por delegación da conselleira, en virtude das facultades delegadas que lle confire a Orde do 30 de marzo de 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar, publicada no DOG núm. 70, do 12 de abril, de conformidade coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a nova estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG núm. 117, do 21 de xuño de 2016, para a contratación da subministración e instalación de equipamentos e programas informáticos necesarios para a actualización dun simulador de sala de máquinas no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Pontevedra.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o órgano de contratación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación (segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común) ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación do acto conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar