Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de subministración de medallas e trofeos (expediente 14972-333).

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Concellería de Deportes. Nº de expediente 14972-333.

2. Obxecto do contrato:

Tipo: subministración.

Descrición: a adquisición de trofeos e medallas para as actividades propias de la Concellería de Deportes.

CPV: 39298700-4 (trofeos).

División por lotes: si. Lote nº 1: medallas. Lote nº 2: trofeos.

Lugar de entrega: as instalacións do Servizo de Deportes que sinale o responsable do contrato.

Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Criterios de adxudicación: múltiples criterios de acordo cos consignados no número 9 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 120.000 euros (IVE incluído).

Dotación por lotes: lote nº 1, medallas: 69.640 € (IVE incluído). Lote nº 2, trofeos: 50.360 € (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. c) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa o importe, datas e o destinatario, público ou privado delas por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 20 de xullo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 19.6.2015 e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación