Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 4 de agosto de 2016 Páx. 34707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de subministración de iluminación de Nadal (expediente 3007-106).

1. Entidade que adxudica: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: comercio. c) Nº de expediente: 3007-106.

2. Obxecto do contrato: a) Ddescrición: subministración en réxime de aluguer, instalación, mantemento e posterior retirada de elementos de iluminación decorativa de Nadal no Concello de Vigo. b) CPV: 31527200-8. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: setembro de 2016 ata 31 de xaneiro de 2018. Se o prazo contractual se iniciar con posterioridade ao día 30 de setembro de 2016, o contrato deberá rematar necesariamente o día 31 de xaneiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 900.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado deles por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o día 19 de agosto de 2016. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Admisión de melloras: non. e) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.500 euros.

Vigo, 8 de xullo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 19.6.2015 e Acordo 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación