Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 8 de agosto de 2016 Páx. 35279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de equipamento para as estacións meteorolóxicas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=55649

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 9/2016 CA.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento para as estacións meteorolóxicas.

c) División por lotes e número: si.

Lote 1: sondas de presión, temperatura e humidade e radiosondas.

Lote 2: sensores de velocidade e dirección do vento, rexistradores de datos (dataloggers), módems GPRS, armarios intemperie, sistemas de calefacción e protectores de radiación.

Lote 3: pluviómetros de cazoletas con e sen calefacción, líquido pluviómetro pesada.

Lote 4: equipamentos de radiación e sensores manuais.

Lote 5: fontes alimentación, baterías, conectores e reguladores de carga.

Lote 6: soportes e mastros de aceiro inoxidable.

d) Lugar de execución/entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de entrega: cláusula 11.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38120000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 104.445,00 €.

5. Presuposto base de licitación:

a) Importe neto: 104.445,00 €. Importe total: 126.378,45 €.

Lote 1. Importe neto: 17.690,00 €. Importe total: 21.404,90 €.

Lote 2. Importe neto: 37.565,00 €. Importe total: 45.453,65 €.

Lote 3. Importe neto: 17.650,00 €. Importe total: 21.356,50 €.

Lote 4. Importe neto: 4.010,00 €. Importe total: 4.852,10 €.

Lote 5. Importe neto: 4.380,00 €. Importe total: 5.299,80 €.

Lote 6. Importe neto: 23.150,00 €. Importe total: 28.011,50 €.

Esta contratación finánciaa o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe prioritario 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos», prioridade de investimento 05.01 «Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídos planeamentos nos ecosistemas», obxectivo específico 05.01.01 «Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta temperá, de seguimento e avaliación».

6. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE):

Lote 1: 884,00 €.

Lote 2: 1.878,25 €.

Lote 3: 882,50 €.

Lote 4: 200,50 €.

Lote 5: 219,00 €.

Lote 6: 1.157,50 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada na cláusula 6.5.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.

10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio