Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2016/375-1).

Expediente: IN407A 2016/375-1.

Promotor: UDESA.

Denominación da instalación: LMT soterrada DC a CS Marís e CS Marís.

Concello: Frades.

Feitos.

1. O 6 de abril de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 4 de maio e no BOP do 4 de maio de 2016.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– LMTS a 20 kV de 2×18 m en condutor tipo RHZ1-20L3×1×240 Al mm2 de enlace entre o punto de entroncamento, sendo este no apoio nº 50 da liña tramitada no proxecto de reforma LMT Visantoña-Frades (tramo IV), co CS proxectado, que transcorre por novas canalizacións.

– CS con cela de remonte e de liña motorizada E-S, situado nunha antiga envolvente de obra civil dun CT e CS en desuso.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 21.593,82 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de xullo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña