Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT Feixa-Calvos, subtramo do apoio 6-derivación ao CT de Calvos, nos concellos de Ponte Caldelas e de Fornelos de Montes, do cal resulta como beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L. (expediente IN407A 2014/201-4).

A instalación denominada LAT Feixa-Calvos, subtramo do apoio 6-derivación ao CT de Calvos, nos concellos de Ponte Caldelas e de Fornelos de Montes, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 11 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 14 de setembro de 2016, a partir das 10.00 horas no concello de Ponte Caldelas e ás 12.00 horas no concello de Fornelos de Montes, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expoñen xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos dos concellos de Ponte Caldelas e de Fornelos de Montes.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 27 de xuño de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

LAT Feixa-Calvos-Ponte Caldelas

Cultivo

Representante

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

ml aéreo

m2 aéreo

Concello

Hora

AP

1

Mato

José Manuel Cal Vázquez

CMVMC de Chaín

4

9

503

7.484

Ponte Caldelas

10

2

Mato

José Manuel Cal Vázquez

CMVMC de Chaín

5

12

567

11.957

Ponte Caldelas

10

3

Mato

José Manuel Cal Vázquez

CMVMC de Chaín

1

2

69

893

Ponte Caldelas

10

4

Mato

José Manuel Cal Vázquez

CMVMC de Chaín

2

5

383

6.120

Ponte Caldelas

10

5

Mato

José María Oitavén Garrido

CMVMC de Barbudo

2

8

313

9.535

Ponte Caldelas

10

LAT Feixa-Calvos-Fornelos de Montes

Cultivo

Representante

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

ml aéreo

m2 aéreo

Concello

Hora

AP

1

Mato

Alfonso Ventín Estévez

CMVMC de Calvos

0

0

70

2.732

Ponte Caldelas

12

2

Mato

Alfonso Ventín Estévez

CMVMC de Calvos

1

6

80

3.177

Ponte Caldelas

12

3

Mato

Alfonso Ventín Estévez

CMVMC de Calvos

2

5

193

3.478

Ponte Caldelas

12