Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2016 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos desta consellería en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2017, procedemento cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), nun 75 % (catro lotes, expediente 18/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: execución do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Mar en distintos certames feirais para realizar no ano 2017, catro lotes.

c) División por lotes e número: si, 4 lotes:

Lote 1: Seafoood Expo Global, Bruxelas (do 25 ao 27 de abril).

Lote 2: Seafood Expo North America, Boston (do 19 ao 21 de marzo), Seafood Expo Asia, Wanchai-Hong Kong (do 5 ao 7 de setembro).

Lote 3: Salón Gourmets, Madrid (do 24 ao 27 de abril), Tuttofood, Milano (do 8 ao 11 de maio), ANUGA, Colonia (do 7 ao 11 de outubro).

Lote 4: Xantar, Ourense (febreiro), Forum Gastronómico, A Coruña (marzo), Expomar, Burela (maio), Salimat, Silleda (xuño), Conxemar, Vigo (outubro), Expomar, Cabo Verde (no segundo semestre de 2017), Femaga, A Coruña (decembro).

d) Prazo de execución: desde o día seguinte da sinatura do correspondente contrato ata o 20.12.2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: multicriterio (letra N da folla de especificacións).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.630.000,00 €; importe IVE (21 %): 342.300 €; importe total 1.972.300 €.

Valor estimado: 1.630.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.1.3: medidas de comercialización), nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación indicada na letra H da folla de especificacións estará exento de presentar as solvencias.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación de cada lote, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 49 90 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 62 61 e 981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=48202

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 31 de agosto de 2016.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres publicarase coa suficiente antelación no enderezo indicado no punto 8.f) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de xullo de 2016.

Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de maio de 2016.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar