Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da obra de ampliación do comedor do CEIP As Mercedes (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01. (expediente ED 23/16-O).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obra ampliación do comedor do CEIP As Mercedes.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: tres (3) meses.

d) Clasificación: non se exixe. En substitución da solvencia, os licitadores poderán presentar a seguinte clasificación: grupo C, categoría 3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos puntos 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado: 369.106,47 €.

b) IVE: 77.512,36 €.

c) Importe total: 446.618,83 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.

5. Garantía provisional: 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído) (7.382,13 €).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter o prego de cláusulas administrativas particulares e o correspondente cadro de especificacións, así como a información relativa a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=57216

7. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria