Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 10 de agosto de 2016 Páx. 35769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-LU-0014/2014-COP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-LU-0014/2014-COP.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avda. Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Celeiro-Viveiro, 27 de xullo de 2016

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0014/2014-COP.

Persoa interesada: Manuel José Villaverde Bestilleiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Mantelería, 24, A Coruña.