Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Juan Bienvenido Rey Silva.

No Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 413/2016 (procedemento abreviado), interposto por Juan Bienvenido Rey Silva fronte á Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 29 de abril de 2016, que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos. (DOG núm. 38, do 25 de febreiro) (categoría: celador).

O recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos