Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (764/2014).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 764/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Montesinos Domínguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega, Soluciones en Gestión Temporal ETT, S.L., Synergie TT Empresa de Trabajo Temporal, S.A.U., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Frigrove, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución:

Desestimo a demanda interposta por Silvia Montesinos Domínguez fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a TXSS, a Mutua Gallega, Frigrove, S.L., Synergie ETT, S.A.U., Soluciones en Gestión Temporal ETT, e absolvo as demandadas da pretensión suscitada fronte a elas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 192 e seguintes da Lei da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Soluciones en Gestión Temporal ETT, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza