Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 28 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se lle dá publicidade ao proxecto de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A, Outariz número 101, no concello de Ourense.

De conformidade co Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (artigo 6), faise público o proxecto de restauración da autorización de explotación de recursos de sección A, Outariz nº 101, no concello de Ourense, promovido por Canteras Riomiño, S.A.

O proxecto pódese consultar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Curros Enríquez, nº 1-3º) de Ourense, durante un prazo de trinta (30) días hábiles.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nestas dependencias.

Ourense, 28 de xullo de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense