Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2016/42-4.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente IN635A 2016/42-4.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na avda. Fernández Ladreda núm. 43, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Pontevedra, 20 de xullo de 2016

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015; DOG nº 232, do 4 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e
Xestión Económica de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635A 2016/42-4.

Reclamante: EYG, C.B.-Veciños do Barrio da Portela en Gondomar.

Acto notificado: resolución.