Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 36043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0100/2015-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0100/2015-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Celeiro, 27 de xullo de 2016

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0100/2015-PPM.

Persoa interesada: Manuel López López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Carlos III, bl. 2, 2º B, Ribadeo.

Expediente: PSC-LU-0102/2015-PPM.

Persoa interesada: David Sánchez García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Suafonte, 19, Burela.

Expediente: PSC-LU-0112/2015-PPM.

Persoa interesada: Roberto Fernández Orjales.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Estación, Sta. Cecilia, 8, 1º, Narón.

Expediente: PSC-LU-0125/2015-COP.

Persoa interesada: Rebeca Seoane Pose.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Xafonte, 1, Vilaboa, Culleredo.