De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0159/2016-PPM e dous máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
A Coruña, 28 de xullo de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0159/2016-PPM.
Persoa interesada: Pedro Manuel Blanco Carreño.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Último enderezo coñecido: As Casas, 8, 2º B, Noia.
Expediente: PSC-CO-0380/2016-PPM.
Persoa interesada: Miguel Cespón Rodríguez.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Último enderezo coñecido: Covira, 12 A, 2º, Taragoña, Rianxo.
Expediente: PESAN1-2007/1002-1.
Persoa interesada: Jorge Reborido Mato.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro, 48, 3º B, Mugardos.