Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36283

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (856/2011-3).

Procedemento ordinario 856/2011-3

Sobre: outras materias

Demandantes: Mercedes Taboada Martínez, María Taboada Martínez

Procurador: Domingo Núñez Blanco

Avogado: Fernando Viqueira Nouche

Demandada: María Martínez Domínguez

Mª Manuela García Jalon de la Lama, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 856/2011-3, seguido por instancia de Mercedes Taboada Martínez e María Taboada Martínez, representadas polo procurador Domingo Núñez Blanco, fronte a María Martínez Domínguez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2014.

Vistos por Jorge Cid Carballo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 856/2011-3, por instancia de Mercedes e Mª Victoria Taboada Martínez, representadas polo procurador Domingo Núñez Blanco e defendidas polo letrado Fernando Viqueira Nouche, sendo parte demandada María Martínez Domínguez, sobre declarativa de dominio.

Decisión:

Estimando a demanda interposta polo procurador Domingo Núñez Blanco, en nome e representación de Mercedes Taboada Martínez e María Victoria Taboada Martínez, contra María Martínez Domínguez, debo declarar e declaro que a parcela número 1.112 da zona de concentración parcelaria de San Martiño de Aríns, descrita no feito primeiro da demanda, é propiedade en pleno dominio de Mercedes Taboada Martínez; que a parcela número 425 da zona de concentración parcelaria de San Martiño de Aríns no feito primeiro da demanda é propiedade en pleno dominio de María Victoria Taboada Martínez, e que a parcela número 13 da zona de concentración parcelaria de San Martiño de Aríns no mesmo feito primeiro da demanda é propiedade, pro indiviso, de Mercedes Taboada Martínez e de María Victoria Taboada Martínez. Todo iso sen facer expresa imposición de custas.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interporse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación, por escrito, con sinatura de letrado e procurador, na forma prevista no artigo 458 da LAC.

Unha vez que sexa firme a presente sentenza, expídase mandamento para a inscrición dos terreos a favor das demandantes no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela.

Advírtase a ambas as dúas partes que se desexan formular recurso de apelación deberán acreditar, co escrito de interposición do recurso, a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma, e apercíbeselles que a non constitución do depósito suporá a inadmisión a trámite do recurso.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a dita demandada, María Martínez Domínguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial