Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 12 de agosto de 2016 Páx. 36238

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais en primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación para o persoal que presta servizos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito, con data do 5 de xaneiro de 2016, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e Mugatra Sociedade de Prevención, S.L.U. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (CV16035).

RESOLVO:

Publicar a convocatoria dun curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (CV16035) que se deberá desenvolver segundo as bases detalladas no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Primeira. Obxectivos

O obxectivo deste curso é formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.

Segunda. Contido

– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.

– Primeiros auxilios:

– Conceptos básicos.

– Cuestións prácticas.

– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.

Terceira. Destinatarios

Persoal que presta servizos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Cuarta. Desenvolvemento

Nº de edicións: dúas.

Duración: 12 horas por edición.

Prazas: 40 por edición.

Lugar de realización: Centro Superior de Hostalería de Galicia, A Barcia, estrada Santiago-Noia km 3, 15896 Santiago de Compostela.

Datas: 1ª edición: 19 e 20 de setembro de 2016.

2ª edición: 26 e 27 de setembro de 2016.

Horario: das 15.30 ás 21.30 horas.

Quinta. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o día 5 de setembro de 2016.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: http://egap.xunta.es/matricula das 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono: 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.gal.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

A EGAP publicará no enderezo: http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétima. Facultades da EGAP

1. A EGAP e Mugatra, S.L.U. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Mugatra, S.L.U. resérvanse o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e Mugatra, S.L.U. garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.