Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2016 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de asistencia técnica de apoio instrumental no cumprimento das obrigas de seguridade da información do organismo pagador dos fondos europeos agrícolas (Fogga), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 70/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 70/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de apoio instrumental no cumprimento das obrigas de seguridade da información Feader do organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galicia (Fogga).

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será desde a data de formalización do contrato ata o 30 de decembro de 2018.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 123.966,93 €, máis 26.033,07 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 150.000,00 €. A distribución por anualidades é como segue:

• 2016: 41.322,31 € máis IVE (8.677,69 €) = 50.000 €.

• 2017: 41.322,31 € máis IVE (8.677,69 €) = 50.000 €.

• 2018: 41.322,31 € máis IVE (8.677,69 €) = 50.000 €.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=57864

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2016

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Acordo do 29.7.2016)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia