Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:
– Novas instalacións planta derivados silicio. Proxecto básico solicitude modificación substancial autorización ambiental integrada. Memoria Xuño 2016 Rev 1.
Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:
– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Memoria resumo
Número de expediente: 2016-IPPC-M-31.
Peticionaria: ABCR Laboratorios, S.L.
Domicilio social e localización da instalación: ampliación do Polígono Industrial de Vilapouca, parcela nº 1. Lugar: Vilapouca-Ventoxo. Forcarei (Pontevedra).
Descrición da modificación:
A modificación prevista consiste basicamente no seguinte:
– Colocación de 3 reactores e novo filtro en planta piloto.
– Adecuación de zona exterior para colocación de catro tanques móbiles.
– Instalación de dúas novas torres de refrixeración na cuberta da nave.
– Instalación de nova unidade de control de temperatura.
– Instalación exterior de 6 tanques de disolventes e báscula de pesaxe.
– Ampliación de actual almacén de materias primas, produtos e residuos.
– Construción de pequeno almacén de residuos de envases.
– Instalación de novo xerador de nitróxeno.
– Instalación de bomba de calor xeotérmico.