Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36614

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1499/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza n° 280/2016.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2016.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo verbal número 1499/2015 promovido pola procuradora Sra. Otero Álvarez, en nome e representación de Rocío Herleny Ortiz Ortiz asistida da letrada Sra. Blanco de la Torre fronte a José Leonardo Riveros Parrado, maior de idade, citado en autos declarado en rebeldía procesual con intervención do Ministerio fiscal dada a concorrencia de filla menor de idade habida en común.

Decido que estimando na súa integridade a demanda de xuízo verbal presentada pola procuradora Sra. Otero Álvarez, en nome e representación de Rocío Herleny Ortiz Ortiz, asistida da letrada Sra. Blanco de la Torre fronte a José Leonardo Riveros Parrado, maior de idade, citado en autos declarado en rebeldía procesual con intervención do Ministerio fiscal dada a concorrencia de filla menor de idade habida en común nos termos enunciados pola representante do Ministerio fiscal procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Atribuír a garda e custodia da filla menor de idade á demandante sendo a patria potestade de titularidade compartida por ambos os dous proxenitores, ben que se atribúe o exercicio en exclusiva da patria potestade prorrogada ou rehabilitada á demandante en cuestións médicas educativas de empadroamento da menor e de tramitación administrativa.

2°. En concepto de pensión alimenticia a favor da filla menor de idade do demandado deberá aboar 50 euros/mes por meses anticipados, en doce mensualidades ao ano e dentro dos cinco días primeiros de cada mes. A devandita cantidade actualizáse anualmente conforme as variacións que experimente o IPC que publique o INE ou organismo que o substitúa.

Os gastos extraordinarios da filla menor de idade serán aboados por ambos os dous proxenitores ao 50 %.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional 15º da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado José Leonardo Riveros Parrado, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza