Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (511/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio Paz Seoane contra Construcciones Vieiro 13, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 511/2016, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Construciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14.9.2016 ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 3, edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos, con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que deban practicarse neste e requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Téndose solicitado o interrogatorio de parte do representante legal de Construcciones Vieiro 13, S.L. e sendo a mesma persoa xurídica, débense facer as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que tiveren acutado nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando for persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, só se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tiveren actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

A presentación no acto do xuízo dos seguintes documentos: contrato de traballo do demandante, recibos de salarios do demandante correspondentes ao último ano de prestación de servizos, contrato subscrito para a «construción dun hotel no centro de París-Hotel Lutetia» na que Construcciones Vieiro 13, S.L. actúa como subcontrata da empresa Incoga Retail, contratos laborais subscritos pola empresa para a realización da referida obra, así como altas e baixas de traballadores, con expresión da causa da baixa e relación de pagamentos por axudas e gastos realizados ao traballador.

Advírteselle que se os citados documentos non se presentan no xuízo sen mediar causa xustificada, poderán estimarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Construcciones Vieiro 13, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza