Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (414/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 414/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Santos Carrillo contra a empresa Maboi RRHH, S.L., Perroflauta Producciones, S.L., Flozep Tech, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a sentenza número 219/2016 do 15 de xullo de 2016, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal que segue:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 414/2016, sendo parte nel, como demandante, Mónica Santos Carrillo, asistida pola letrada Sra. Romero Salgado e, como demandados, as empresas Maboi RRHH SL, Perroflauta Producciones, S.L., Flozep Tech, S.L. e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes»

«Decisión:

Que estimando a demanda formulada por Mónica Santos Carrillo, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno as empresas demandadas a que, á súa opción, que deberán exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata que a readmisión teña lugar; b) ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe ascendente, s.e.u.o, a 4.410,83 euros; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o TSXG, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu, ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado, na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, e poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada XAT en función de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.”

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maboi RRHH, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza