Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (136/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 136/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Eva Verde Pena contra a empresa Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Asociación Profesional Agraria de Xóvenes Agricultores, Asociación Profesional de Selvicultores Galicia Silvanus, Asaja Galicia, Xestión e Aconsellamento, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Asociación Profesional de Selvicultores Galicia Silvanus, Asaja Galicia, Xestión e Aconsellamento, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia en situación de insolvencia por importe de 18.533,78 euros de principal e 1.853,37 euros que se calculan provisionalmente en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596 clave 64 N no Banesto e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Asociación de Mujeres y Familias del Ámbito Rural Gallego, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, en ignorado paradeiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza