Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 18 de agosto de 2016 Páx. 36942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de suspensión de licenzas urbanísticas e eficacia de comunicacións previas de obras en áreas de solo rústico común de desenvolvemento (SR-D).

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Lalín, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de xuño de 2016, acordou suspender o procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas así como de eficacia de comunicacións previas de obras nas áreas de solo rústico común de desenvolvemento (SR-D) establecidas no PXOM, de acordo co disposto no artigo 47.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia polo prazo dun ano.

Non estarán afectados por esta suspensión de licenzas urbanísticas e/ou comunicacións previas os seguintes terreos desta categoría de solo rústico común de desenvolvemento (SR-D) do vixente PXOM de Lalín:

– Os que teñan aprobado o correspondente plan de desenvolvemento.

– Os cualificados como sistemas xerais.

– Os que resulten afectados por proxectos sectoriais ou por actos promovidos por órganos das administracións públicas ou de dereito público.

– Os que resulten afectados polo establecido na Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas urxentes en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.

Non será de aplicación esta suspensión aos seguintes actos de edificación ou uso do solo:

– Os usos de obras provisionais citados no artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

– Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, non precisen de proxecto de obras de edificación nin supoñan cambio ou modificación do uso preexistente.

– As intervencións en inmobles declarados bens de interese cultural (BIC) ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos e paisaxísticos.

– As demolicións, agás as derivadas de resolucións de expedientes de restauración da legalidade urbanística.

– Os peches de parcelas e pequenos movementos de terras e de explanacións debidamente xustificados pola actividade agropecuaria que se vai desenvolver.

– As parcelacións, segregacións ou outros actos de división de terreos conforme o establecido na lexislación vixente.

– A curta xustificada de árbores ou de vexetación arbustiva.

O presente acordo ten efectos dende o mesmo día da súa adopción.

Contra este acordo poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa adopción. Así mesmo, poderá interpoñerse, con carácter previo e potestativo, e no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da adopción do acordo, recurso de reposición ante o Pleno da Corporación. Neste último caso, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se lle notifique ao interesado a resolución expresa do recurso de reposición ou se produza a súa desestimación mediante acto presunto.

Lalín, 1 de xullo de 2016

Rafael Cuíña Aparicio
Alcalde