Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de xullo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016240AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 7 de xuño de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2016240AL-PO, incoado a José Canda Rodríguez, como titular do establecemento Discoteca La Perla.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Canda Rodríguez o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 4 de xullo de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2016240AL-PO.

Denunciado: José Canda Rodríguez, con NIF 76812981L, como titular do establecemento Discoteca La Perla.

Último enderezo coñecido: rúa B, 31-33, 36500 Lalín.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Precepto infrinxido: capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51.1, parágrafo 11, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: multa de trescentos euros (300,00 €).