Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda a resolución revogatoria da axuda concedida polo establecemento como traballadora autónoma ou por conta propia e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.
Lugo, 28 de xullo de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2015/485-2.
Nome: Cristina Fernández García.
DNI/NIF: 76819200M.
Último enderezo coñecido: rúa San Isidro Labrador, 34, 27003 Lugo.
Feito imputado: incumprir as obrigas establecidas nos artigos 8.1, 16.3 e 16.4 da Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.