O 13 de xuño de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2016177AL-PO, incoado á entidade Distribuciones de Bebidas Jesara, S.L.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Distribuciones de Bebidas Jesara, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) Se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) Se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander, ou en http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 8 de xullo de 2016
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2016177AL-PO.
Denunciada: Distribuciones de Bebidas Jesara, S.L., con CIF B36357119.
Último enderezo coñecido: Seixido, 64, 36940, Cangas.
Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos: capítulo IV, punto 6, e capítulo XII, punto 1, do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.
Tipificación: impútanselle dúas infraccións leves, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafos 10 e 11, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: multa de catrocentos euros (400,00 €).