En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería do Medio Rural.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: dun servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de concienciación e sensibilización contra os incendios forestais.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24751
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 2 de abril de 2016, BOE do 11 de abril de 2016 e DOG núm. 77, do 22 de abril de 2016.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento de licitación:
Importe total: importe neto: 346.279,80 €; IVE (21 %): 72.718,76 €. Importe total: 418.998,56 €.
Valor estimado: 346.279,80 €.
5. Financiamento: fondos propios libres.
6. Adxudicación e formalización do contrato:
a) Data da resolución de adxudicación: 3 de xuño de 2016.
b) Adxudicataria: J&J Publicidad y Comunicación, S.L.
c) Importe: 412.015,25 (IVE incluído).
d) Data de formalización do contrato: 1 de xullo de 2016.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: obtivo a puntuación máis alta na oferta técnica e resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural