Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 27 de xuño de 2016 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia de José Ramón Losada Fernández, e coa asistencia dos vogais Ramón Rozadillas Valverde, Josefina Pereira de la Riera, José Antonio Rojo Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:
– Expediente número 7/2015.
Nome: Santo Estevo de Pol (ampliación).
Pertenza: veciños/as da parroquia de Pol (agás Eirón).
Parroquia: Pol.
Concello: Pol.
Superficie: 20,02 hectáreas.
Estremas da zona de ampliación:
Norte: polígono 64, parcelas 51, 89, 72, 71, 70, 69, 68, 67, 66.
Leste: polígono 72, parcelas 9005 (camiño), 54, 9003 (camiño), 17, 24, 25, 59, 26.
Sur: polígono 71, parcela 9005 (camiño).
Oeste: polígono 72, parcelas 53, 50, 49, 63, 48, 47, 46, 45, 44, 43, 39; polígono 64, parcela 1.
Como consecuencia desta ampliación, o monte total clasificado para Santo Estevo de Pol (agás Eirón) pasa a medir 118,79 hectáreas.
– Expediente número 8/2015.
Nome: Rubián San Fiz (ampliación).
Pertenza: veciños/as da parroquia de Rubián San Fiz.
Parroquia: San Fiz de Rubián.
Concello: Bóveda.
Superficie: 34,19 hectáreas.
Estremas:
Polígono 21, parcela 416:
Norte: parcelas 192, 194, 195, 196, 198, 201, 202, 204 e 425 do polígono 21.
Sur: 9024 do polígono 21.
Leste: parcela 9032 estrada de Calvos ao O Incio, camiño.
Oeste: parcelas 161,191 do polígono 21.
Polígono 21, parcela 413:
Norte: parcelas 367, do polígono 21, 645 do polígono 9 no concello do Incio.
Sur: parcela 9021, do polígono 21 (camiño).
Leste: parcelas 9019 e 9032 do polígono 21 (camiños).
Oeste: parcelas 425, 373, 375, 458, 376, 377, 378, 369, 368, 298, 251, 250, 366, 411, 367 do polígono 21.
Polígono 21, parcela 295:
Norte: parcelas 272, 271, 270, 269, 268, 267, 296 e 297 do polígono 21.
Sur: parcelas 206 e 208 do polígono 21.
Leste: parcela 298 do polígono 21,
Oeste: parcelas 209, 291, 292, 293, 294, 283 e 281 do polígono 21.
Polígono 21, parcela 412:
Norte: parcelas 645 do polígono 9 no concello do Incio.
Sur: parcelas 367 e 411 do polígono 21.
Leste: polígono 9, parcela 645 Serra de Abeceira, O Incio (Lugo).
Oeste: Parcelas 311, 332, 334, 423, 335, 336, 337, 338, 340, 341, 342, 343, 349, 446 e 366 do polígono 21.
Polígono 21, parcela 410:
Norte: polígono 21, parcela 416.
Sur: polígono 21, parcela 416.
Leste: polígono 21, parcela 416.
Oeste: polígono 21, parcela 151.
Como consecuencia desta ampliación, o monte de Rubián San Fiz pasa a
medir 121,985 hectáreas.
Contra estas resolucións, desde a súa notificación ou publicación, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e co artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Lugo, 28 de xullo de 2016
José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo