Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PESAN1 2008/226-1 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PESAN1 2008/226-1 e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 5 de agosto de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PESAN1 2008/226-1.

Persoa interesada: Higinio Manuel Fernández Bajo.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Camiño Lodairo, 27, Narón.

Expediente: PESAN1 2008/1704-1.

Persoa interesada: José Luis Calvo Castiñeiras.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Santa Cecilia. Urbanización Fonte da Cruz, 1º I, Narón.

Expediente: PESAN1 2008/1707-1.

Persoa interesada: José Manuel Dopico Picos.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: A Barallada, 21, Sedes, Narón.

Expediente: PESAN1 2008/1706-1.

Persoa interesada: Marino Enríquez Doporto.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Broño, 29, Lago, Valdoviño.