A Xunta de Goberno Local, en sesión do 1 de agosto de 2016, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos afectos á fase 1ª do parque Paseo Preguiza, de conformidade co previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Verín, aprobado definitivamente o 7 de decembro de 2012; aprobar o gasto por importe total de 97.507,66 € e realizar as publicacións e notificacións regulamentarias.
Segundo o disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente exponse ao público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Deben achegar a documentación acreditativa do seu dereito no devandito prazo e poden achegar os ditames periciais que xulguen pertinentes.
O expediente pódese consultar na Secretaría Municipal do Concello de Verín.
Para xeral coñecemento e para os efectos das alegacións oportunas no devandito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos para expropiar:
Relación de bens afectados:
Predio |
Expropiación |
Valoración |
|||||
Exp. |
Catastro |
Afección m2 s |
Clasificación PXOM |
Vs €/m2 s |
Valor € |
||
Nº |
Ref. cat. |
Polígono |
Parcela |
||||
1 |
9350901PG2495S |
93509 |
1 |
10.913,00 |
SR |
1,0737 |
11.716,97 |
2 |
9349801PG2494N |
93498 |
1 |
1.091,00 |
SR |
1,0737 |
1.171,37 |
3 |
9349802PG2494N |
93498 |
2 |
207,00 |
SR |
1,0737 |
222,25 |
373,00 |
SU_PEPRI-01 |
102,9091 |
38.385,09 |
||||
4 |
32086A01100032 |
11 |
32 |
6.791,19 |
SR |
1,0737 |
7.291,50 |
5 |
32086A01100035 |
11 |
35 |
5.956,00 |
SR |
1,0737 |
6.394,78 |
6 |
32086A01109000 |
11 |
9000 |
121,00 |
SR |
||
Total |
65.181,97 € |
Bens |
Medición |
|
Cantidade |
V €/m2 c |
|
Alpendre 1 |
146,40 m2 c |
100,31 |
Alpendre 2 |
136,52 m2 c |
100,31 |
Alpendre 3 |
39,35 m2 c |
100,31 |
Total |
322,27 m2 c |
32.325,69 € |
A presente notificación producirá os efectos previstos no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles interesados aos que non se lles puidese efectuar a notificación ou resulten descoñecidos no expediente.
Verín, 1 de agosto de 2016
Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde