Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37479

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (672/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 672/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Regueiro Rodríguez contra Talleres J. e M. Fernández, S.L. e outros, se ditou auto de desistimento, con data do 26 de xullo de 2016, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva.

Dispoño: ter por desistido a José Regueiro Regueiro da demanda íntegra presentada fronte a José Luis Fernández Rodríguez, Marcelino Fernández Rodríguez, Asesoría Global Automoción, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Compostela Concesionario, S.L., Compostela Automotriz, S.L. e Patrimonial Feranpe, S.L., así como unicamente da acción de despedimento e resolución contractual en relación ás restantes codemandadas Talleres J. e M. Fernández, S.L., Automóbiles J. e M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., continuando respecto a estas últimas unicamente en canto á acción de reclamación de cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O xuíz.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. e M. Fernández, Automóbiles J. e M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza