Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación urxente, documentalmente simplificada, do servizo para a realización dunha campaña de publicidade para a promoción do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 38/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria que informe a sociedade galega respecto das posibilidades do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: o prazo comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato. A campaña terá unha duración de 4 ou 5 semanas e finalizará, preferentemente, antes do 30 de novembro.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (de xuízo de valor e automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 208.000,00 €; IVE: 43.680,00 €. Importe total: 251.680,00 €.

Valor estimado: 208.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 %. Medida 20 Asistencia técnica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, nun 7,50 %, con fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (Magrama) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as letras J e K da folla de especificacións.

Exento de acreditar a solvencia se presenta clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría B (ou grupo T, subgrupo 1, categoría 2, se a obtivo despois da entrada en vigor do Real decreto 773/2015).

7. Garantías exixidas: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído), é dicir: 10.400 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/981 54 57 48 (consultas administrativas); 881 99 72 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=59222

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico arriba sinalado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural