Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37572

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de corrección de erros do procedemento aberto para a contratación da subministración dun sistema integral de xestión electrónica de procedementos administrativos para esta deputación provincial e os seus entes públicos vinculados, dependentes ou adscritos (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social, Consorcio Provincial do Servizo Contra Incendios e de Salvamento e Consorcio de Augas de Valdeorras), así como para os concellos da provincia menores de 20.000 habitantes.

Advertidos erros materiais no prego de cláusulas administrativas particulares aprobado para regular a contratación da subministración dun sistema integral de xestión electrónica de procedementos administrativos para a Deputación Provincial de Ourense e os seus entes públicos vinculados, dependentes ou adscritos (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social, Consorcio Provincial do Servizo Contra Incendios e de Salvamento e Consorcio de Augas de Valdeorras), así como para os concellos da provincia menores de 20.000 habitantes, e en uso das atribucións que me confire o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXAP-PAC), dispoño:

Rectificar os erros materiais advertidos da seguinte forma:

Na cláusula IV, onde di:

«b) Valor estimado por adquisición de licenzas adicionais para entidades locais: (...).

Valor estimado soporte técnico adicional 2º, 3º e 4º ano: 455.000 €/ano = 1.820.000 €.

Valor estimado total: 3.526.250 €.

c) Valor estimado total prestación principal + adicionais eventuais (incluíndo prórrogas): 4.138.750 €.

d) Prezo total: valor estimado total + IVE (21 %) = 4.138.750 € + 869.137,5 € = 5.007.887,5 €».

Debe dicir:

«b) Valor estimado por adquisición de licencias adicionais para entidades locais: (...).

Valor estimado soporte técnico adicional 2º, 3º e 4º ano: 455.000 €/ano = 1.365.000 €.

Valor estimado total: 3.071.250 €.

c) Valor estimado total prestación principal + adicionais eventuais (incluíndo prórrogas): 3.683.750 €.

d) Prezo total: valor estimado total + IVE (21 %) = 3.683.750 € + 773.587,50 € = 4.457.337,50 €».

Na cláusula X, sobre C, elimínanse as seguintes referencias:

«2. Ampliación da garantía do produto: (...) ano/s adicional/is sobre o mínimo establecido no PPT.

3. Oferta dun sistema que posibilite o traballo na nube: si/non».

A presente rectificación de erros non altera o prazo límite de presentación de ofertas, que finalizará ás 14.00 horas do día 22 de setembro de 2016.

Ourense, 11 de agosto de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense