Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se anuncia a formalización do servizo para o desenvolvemento dun novo módulo de valoracións por busca de testemuñas e integración co expediente tributario electrónico, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-040.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento dun novo módulo de valoracións por busca de testemuñas e integración co expediente tributario electrónico, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 12.5.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 90.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 90.000,00 €.

b) Importe total: 108.900,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 81.675,00 €.

Exercicio 2017: 27.225,00 €.

6. Financiamento.

Esta contratación cofinánciase co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, Obxectivo temático 2, Prioridade de Inverstimento 2.3. Reforzo das aplicacións TIC para a administración electrónica a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; Obxectivo 2.3.2, Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital, nun 20 % con cargo a fondos propios, á aplicación orzamentaria 06-A1-611A.640.0 do Cixtec.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 14.7.2016.

b) Data de formalización do contrato: 26.7.2016

c) Contratista: Oesía Networks, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 84.000,00 euros. Importe total: 101.640,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 76.230,00 €.

Exercicio 2017: 25.410,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable