Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de xullo de 2016 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición da legalidade urbanística interposto no expediente IU1/121/2009-B1, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 1 de xullo de 2016, ditou resolución pola que se estima o recurso potestativo de reposición interposto por Rosa Ana Barbeira Fandiño contra a Resolución do 8.3.2016, ditada polo director da APLU sobre a imposición dunha multa coercitiva por incumprir o ordenado nas resolucións do 26.7.2010, 4.5.2011 e 14.12.2011, deixando sen efecto, en consecuencia, a resolución impugnada e se procede ao arquivamento do procedemento de execución por cumprimento da Resolución do 26.7.2010.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística