Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37695

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1504/2015-RMR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1504/2015

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 488/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A., Suministros e Instalaciones Eléctricas Vigo Sielvigo, S.L., Maria das Graças Caramello Bittencourt, Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Consellería de Medio Ambiente, Dido Roberto Legat Capelo da Costa, Ludmila Patricia Legat Capelo da Costa

Recorrido: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Avogada: Rosario Rodríguez de la Morena

Recorrido: Copredije, S.A.

Avogada: Verónica Lagares Tena

Casación en unificación de doutrina: 217/2016

Parte recorrente: Suministros e Instalaciones Eléctricas Vigo Sielvigo, S.L.

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1504/2015 seguido por instancia de Extraco, Construccións e Proxectos, S.A., Maria das Graças Caramello Bittencourt, Yuri Caramello Bittencourt Capelo da Costa contra Suministros e Instalaciones Eléctricas Vigo Sielvigo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Unión Fenosa Distribución, S.A., Consellería de Medio Ambiente, Copredije, S.A., Dido Roberto Legat Capelo da Costa, Ludmila Patricia Legat Capelo da Costa, sobre recarga de accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 22 de xullo de 2016.

O anterior escrito subscrito polo letrado Feliciano Nogueira Vidal, en nome de Suministrios e Instalaciones Eléctricas Sielvigo, S.L., únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Expídase testemuño da sentenza de contraste recaída no RSU 2496/2010 con expresión da súa firmeza, a que se unirá á peza.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma Ludmila Patricia Legat Capelo da Costa e Dido Roberto Legat Capelo da Costa, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Zamora, 81, baixo esquerda, Vigo, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza