Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución dun recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se poida practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Mª Concepción Salgado Rodríguez

Resolución de recurso de alzada

Filgueira de Barranca-Trasanquelos